
Solicitude de acreditacións de prensa
Por favor, le atentamente a seguinte información
Se estás interesado en obter unha acreditación de prensa debes seguir o seguinte procedemento:
1. Solicitar a acreditación:
Para solicitar a acreditación debes cumprimentar todos os datos requeridos para conseguila do formulario que se habilita Solicitar Acreditación
2. Retirar a acreditación:
Unha vez solicitada, e se cumpres coas condicións requeridas, poderás retirar a acreditación na oficina de prensa habilitada en Sabucedo a partires das 18:00 horas do venres 1 de xullo. Será preciso para retirar a acreditación que amose o seu carnet de xornalista ou carnet no que figure o medio ao que representa e para o que traballan. No caso de ser free-lance terá que presentar o seu documento de fotógrafo, de fotógrafo oficial ou de axencia
Os xornalistas que prefiran acreditarse persoalmente en Sabucedo, tamén terán que presentar o respectivo carnet de xornalista ou do seu medio. Esta condición será imprescindible para poder conseguir a súa acreditación
Agradecemos a túa colaboración
Para consultas ou dúbidas podes contactar con nós aquí: Contacto
Acceso á área do curro
A exhibición da acreditación de prensa é condición imprescindible para poder acceder á area do curro (entre as bestas e aloitadores) para facer fotografías ou gravacións audiovisuais
Dado o elevado número de profesionais acreditados, establécese un turno de acceso, cun tempo limitado para cada xornalista/fotógraf