Edición 2017

Información da Rapa das Bestas de Sabucedo 2017

Programa 2017

Xoves 6/07

  • 22:00
    Gala en loubanza dos aloitadores

Venres 7/07

  • 6:30
    Misa na honra de San Lourenzo, patrón de Sabucedo
  • 7:00
    Saída dende o Celeiro a buscalas bestas
  • 14:00
    Chegada ao Peón (punto de reunión) de tódolos grupos coas bestas. Haberá un bar con comida e bebida
  • 17:00
    Chegada ao cierre coas bestas
  • 23:00
    Festival Rapasons

    • Banda de gaitas de Forcarei

    • A banda de Balbina

    • Os Bregadiers

    • Chotokoeu

    • Nao

Sábado 8/07

  • 12:00
    Tradicional baixa das bestas dende o cierre a Sabucedo
  • 17:00
    Fanfarria Taquikardia
  • 19:00
    Primeiro Curro (mercar entradas)

    A espera estará amenizada pola agrupación folclórica Tequexetéldere

  • 21:00
    Fanfarria Taquikardia
  • 23:00
    Verbena amenizada polas orquestras:

    • América SL

    • D´Moda

Domingo 9/07

  • 12:00
    Segundo Curro (mercar entradas)

    A espera estará amenizada por Mónica de Nut

  • 14:00
    Festicultores
  • 18:00
    Foliada e obradoiro de baile galego

    • Nosoutros

    • Chaparracha

    • Baile a cargo de Xandre Outeiro

    Ademais: Airiños de Castro Caldelas. Durante toda a fin de semana

  • 22:00
    Verbena amenizada polas orquestras:

    • Televisión

    • Marbella

Luns 10/07

  • 12:00
    Terceiro Curro: Curro Solidario
  • 18:00
    Solta das bestas para o monte

Curro Solidario

Luns 10/07

Sabucedo celebra o curro solidario os luns da Rapa das Bestas dende o ano 2012 pretendendo así aportar un grao de area para paliar necesidades diversas da nosa sociedade.

Curro Solidario 2017

O curro solidario 2017 será destinado integramente á Fundación Amigos de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro que loita contra a pobreza infantil e a exclusión social. A recadación irá destinada a paliar as necesidades básicas de familias dos concellos de A Estrada, Cuntis, Teo, Vila de Cruces, Forcarei e Cerdedo-Cotobade.

Anos anteriores

Durante estes anos doouse a recadación completa do curro solidario para as seguintes persoas e asociacións:

• Curro 2012: Paula

• Curro 2013: Uxía

• Curro 2014: Cruz Vermella da Estrada

• Curro 2015: AECC (Asociación española contra o cancro)

• Curro 2016: Fundación Juan XXIII de Pontevedra

Solicitude de Acreditación de Prensa

Acceso á Área do Curro

A exhibición da acreditación de prensa é condición imprescindible para poder acceder á area do curro (entre as bestas e aloitadores) para facer fotografías ou gravacións audiovisuais.

Dado o elevado número de profesionais acreditados, establécese un turno de acceso, cun tempo limitado para cada xornalista/fotógrafo.

Por favor, le atentamente a seguinte información:

Se estás interesado en obter unha acreditación de prensa debes seguir o seguinte procedemento:

1. Solicitar a acreditación: Para solicitar a acreditación debes cumprimentar todos os datos requeridos no seguinte formulario.

2. Retirar a acreditación: Unha vez solicitada, e se cumpres coas condicións requeridas, poderás retirar a acreditación na oficina de prensa habilitada en Sabucedo a partires das 18:00 horas do venres 7 de xullo. Será preciso para retirar a acreditación que amose o seu carnet de xornalista ou carnet no que figure o medio ao que representa e para o que traballan. No caso de ser free-lance terá que presentar o seu documento de fotógrafo, de fotógrafo oficial ou de axencia.

Os xornalistas que prefiran acreditarse persoalmente en Sabucedo, tamén terán que presentar o respectivo carnet de xornalista ou do seu medio. Esta condición será imprescindible para poder conseguir a súa acreditación.

Agradecemos a túa colaboración.

Entradas

Venda de Entradas

Para poder asistir ao curro debes mercar unha entrada, ben de forma anticipada e online, ou ben o propio día da celebración nas taquillas do curro.

ticketea

Día e hora

  • Sábado, 8 de xullo de 2017, ás 19:00 h
  • Domingo, 9 de xullo de 2017, ás 12:00 h
  • 10,00 €
    Adultos
  • 5,00 €
    Nenos de 6 a 12 anos
  • Gratis
    Nenos de 0 a 5 anos

Rapasons

Venres 7 de xullo ás 23:00 hrs.

® Rapa das Bestas - 2017