Edición 2018

Información da Rapa das Bestas de Sabucedo 2018

Programa 2018

Xoves 5/07

  • 22:00
    9ª Gala Rapa das Bestas de Sabucedo na honra e loubanza dos aloitadores

Venres 6/07

  • 6:30
    Misa na honra de San Lourenzo, patrón de Sabucedo
  • 7:00
    Saída dende o Celeiro na procura das bestas
  • 14:00
    Xuntanza das greas na chaira do Peón e “Baixa” para o peche do Castelo.
  • 23:00
    Festival Rapasons

    Davide Salvado | Fillos do Estramonio | Festicultores | Liviao de Marrao | Isabel Risco (presentadora)

Sábado 7/07

  • 12:00
    Subida para o monte dende o Celeiro a buscar as bestas
  • 14:00
    Baixa das bestas dende o peche ata Sabucedo
  • 14:30
    Rapasóns

    Sesión vermú Petroni coa charanga Os Celtas

  • 17:00
    Rapasóns

    La Rue (jazz na rúa)

  • 18:30
    Rapasóns

    Tequexetéldere | Airiños de Caldelas

  • 19:00
    Primeira Rapa no Curro
  • 22:30
    Verbena popular a cargo de:

    New York | América S.L.

Domingo 8/07

  • 11:30
    Rapasóns

    Manu e Marcela | Airiños de Caldelas

  • 12:00
    Segunda Rapa no Curro
  • 14:00
    Rapasóns

    Sesión vermú Petroni cos Festicultores

  • 17:30
    Rapasóns

    Polo Correo do Vento

  • 18:00
    Rapasóns

    Monifates

  • 18:30
    Rapasóns. Foliada con:

    Tanto nos ten | Os Abrentes de Cerdedo

  • 22:00
    Verbena popular a cargo de:

    Marbella | Miramar

Luns 9/07

  • 12:00
    Terceiro Curro: Curro Solidario
  • 12:00
    Rapasóns

    Airiños de Caldelas

  • 18:00
    Solta das bestas para o monte

Curro Solidario

Luns 9/07

Sabucedo celebra o curro solidario os luns da Rapa das Bestas dende o ano 2012 pretendendo así aportar un grao de area para paliar necesidades diversas da nosa sociedade.

Curro Solidario 2018

Este ano, a recadación do Curro Solidario estará dedicada nun 75% á traballos de roza e mellora das condicións de vida dos cabalos salvaxes de Sabucedo. O 25 % restante será doado á Fundación Provincial do Banco de Alimentos, institución sen ánimo de lucro que busca alimentos gratuítos para logo almacenalos, clasificalos e distribuílos entre os CENTROS ASISTENCIAIS que, independentemente do seu carácter, teñan como fin axudar a xente necesitada e asinaran un acordo co Banco.

Durante o ano 2017, a Fundación Provincial do Banco de Alimentos, repartiu 1.900.000 quilos de alimentos por toda a provincia e incrementou o número de Entidades Benéficas atendidas a case 200.

Máis info en http://www.bancoalimentosvigo.org/

Anos anteriores

Durante estes anos doouse a recadación completa do curro solidario para as seguintes persoas e asociacións:

• Curro 2012: Paula

• Curro 2013: Uxía

• Curro 2014: Cruz Vermella da Estrada

• Curro 2015: AECC (Asociación española contra o cancro)

• Curro 2016: Fundación Juan XXIII de Pontevedra

• Curro 2017: Fundación Amigos de Galicia

Solicitude de Acreditación de Prensa

Acceso á Área do Curro

A exhibición da acreditación de prensa é condición imprescindible para poder acceder á area do curro (entre as bestas e aloitadores) para facer fotografías ou gravacións audiovisuais.

Dado o elevado número de profesionais acreditados, establécese un turno de acceso, cun tempo limitado para cada xornalista/fotógrafo.

Por favor, le atentamente a seguinte información:

Se estás interesado en obter unha acreditación de prensa debes seguir o seguinte procedemento:

1. Solicitar a acreditación: Para solicitar a acreditación debes cumprimentar todos os datos requeridos no seguinte formulario.

2. Retirar a acreditación: Unha vez solicitada, e se cumpres coas condicións requeridas, poderás retirar a acreditación na oficina de prensa habilitada en Sabucedo a partires das 18:00 horas do venres 6 de xullo. Será preciso para retirar a acreditación que amose o seu carnet de xornalista ou carnet no que figure o medio ao que representa e para o que traballan. No caso de ser free-lance terá que presentar o seu documento de fotógrafo, de fotógrafo oficial ou de axencia.

Os xornalistas que prefiran acreditarse persoalmente en Sabucedo, tamén terán que presentar o respectivo carnet de xornalista ou do seu medio. Esta condición será imprescindible para poder conseguir a súa acreditación.

Agradecemos a túa colaboración.

Entradas

Venda de Entradas

Para poder asistir ao curro debes mercar unha entrada, ben de forma anticipada e online, ou ben o propio día da celebración nas taquillas do curro.

ticketea

Día e hora

  • Sábado, 7 de xullo de 2018, ás 19:00 h
  • Domingo, 8 de xullo de 2018, ás 12:00 h
  • 10,00 €
    Adultos
  • 5,00 €
    Nenos de 6 a 12 anos
  • Gratis
    Nenos de 0 a 5 anos
® Rapa das Bestas - 2017