Guía Práctica

Información e consellos prácticos para desfrutar máis e mellor A Rapa das Bestas de Sabucedo

Como Chegar

San Lourenzo de Sabucedo ( GPS N 42.58826º // W 8.41475º) é unha parroquia galega situada no sudeste do termo municipal de A Estrada, na provincia de Pontevedra.

Pertence á Comarca de Tabeirós – Terra de Montes. Limita coas parroquias de Liripio (San Xoan), Codeseda (San Xurxo) e co termo municipal de Cerdedo.

En coche

A parroquia de Sabucedo dista 37 km de Pontevedra (dirección Cerdedo) e a 42 km de Santiago de Compostela (en dirección A Estrada). Posición GPS 42.58782, -8.41533

Tes gasolineras preto de Sabucedo en:
– A Estrada
– Cerdedo
– Soutelo de Montes

En avión

Se o medio elixido é o avión, en Galicia contamos con 3 aeroportos:
– Lavacolla en Santiago de Compostela, que dista de Sabucedo a 49 km
– Peinador en Vigo, a 73 km aproximadamente.
– Alvedro na Coruña, que dista de Sabucedo a uns 110 km aproximadamente

Podes obter información sobre as compañías que operan neles e as rutas que cobren na web de Aeroportos Españois e Navegación Aérea AENA

En tren

As estacións de tren máis cercanas son a de Santiago de Compostela e a de Pontevedra. Se non che queda claro podes chamar ao número 902 320 320 de atención ao cliente as 24 horas do día.

En autobus

A compañía A Estradense une o Condello de A Estrada coas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra, así como con pobos como Lalín, Cuntis ou Caldas de Reis. Podes conultar máis información sobre rutas e horarios no seguinte enlace: LINK

Aparcar

Tráfico na aldea

Durante os días de celebración da festa ponse en marcha un plan de tráfico para ordenar a circulación pola aldea durante, tendo en conta a masiva afluencia de visitantes que chegan ata Sabucedo. ao longo do primeiro fin de semana do mes de xullo.

Por este motivo péchase o acceso rodado á aldea desde as 17.00 horas do venres da Rapa.

Trátase de preservar a seguridade de quen transita durante estes días de festa por Sabucedo, algo especialmente complicado tendo en conta o gran volume circulatorio que se rexistra o fin de semana e atendendo a aspectos como a presenza de cabalos, que cruzan Sabucedo cando se baixan do monte ou con presenza na zona cando son conducidos ao curro do Campo do Medio.

Acreditacions

Únicamente está permitido circular por Sabucedo a vehículos autorizados que dispoñan da correspondente acreditación (dispoñible para os veciños e para comerciantes que desenvolvan o seu labor estes días).

Aparcamentos

As persoas que acudan á festa en coche deberán por tanto facer uso da zona de aparcadoiro gratuíto que habilitará Rapa dás Bestas á altura do cruzamento da estrada vella. Tamén haberá dispoñibles leiras privadas para estacionar, xa co correspondente custo.

Aparcadoiros gratuitos

A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo habilita para os días da festa varios aparcadoiros de balde para todos aqueles que queiran facer uso deles

Onde Comer

Pulpeiros

A carón do campo da festa e do Curro, atoparedes varias pulperías nas que degustar polvo, churrasco e carne ao caldeiro e un bo viño do país.

Comidas e merendas familares na carballeira

Son especialmente tradicionais as xuntanzas familiares os domingos da Rapa, que achegan a Sabucedo a ver a Rapa, as atraccións para os cativos e as actuacións musicais, e que se reúnen para comer nas mesas de pedra da carballeira do Campo do Medio.

Onde Durmir

Acampada

Dende a Asodiación da Rapa das Bestas habilítanse zonas de acampada gratuita a carón do campo da festa e do Curro nun precioso entorno de carballeiras centenarias.

Dispoñedes de duchas e baños abertos ao público situados no curro.

Respeta o medio ambiente

É obrigatorio deixar o lixo en bolsas nos puntos indicados.Axúdanos a manter limpa a carballeira.

Asimismo, lembramos que está prohibido facer lume na zona da acampada.

Albergue Hípico

O edificio do albergue hípico de de Sabucedo foi unha antiga Escola Rural agora rehabilitada e foi inaugurado no ano 2002, e está situado na Carballeira o Campo do Medio.

Tipos de habitacións:

  • Habitacións de dúas prazas
  • Habitacións de catro prazas
  • Habitacións de seis prazas
  • Habitacións de once prazas

Todas as habitacións dispoñen de sábanas e mantas nas camas e toallas, así como calefacción.

Outras dependencias:

  • Sala de estar con lareira na que se dispón de xogos de mesa, tv., etc.
  • Cociña
  • Ampla cafetería e comedor
  • Zona de duchas e servicios.
  • Na carballeira do Curro dispón de un picadero con boxes individuais, con almacén, graneiro e enfermería.

Reservas

Para realizar unha reserva póñase en contacto no número de teléfono 986 570 997 / 609 886 291 ou ben a través do email sabucedo@aestrada.es

Hoteis. Mar de Compostela

reto de Sabucedo hai unha ampla oferta de casas de turismo rural. Podes consultar prezos e facer a tua reserva na web www.mardecompostela.aestrada.com

Albergue Hípico

Consellos Prácticos

Subida ao monte
  • Segue as indicacións das persoas de Sabucedo que dirixen cada grupo
  • Recomendámosche que leves auga para beber de vez en cando e manterte hidratado, e un bocadillo ou froita para aguantar ben a xornada
  • No Peón (lugar de encontro das greas no monte) toparás un par de postos montados para ese día no que poder mercar bebidas e bocadillos
  • Pantalóns vaqueiros oue pantálóns especiais de texido resistente para evitar a entrada dos toxos (planta baixa ou media altura con gran cantidade de púas), e botas de tipo trekking
  • Bota abundante crema protectora contra o sol, especialmente nos días de calor intenso
  • Se dan chuvia non te esquezas un chubasqueiro ou abrigo impermeable e un par de calcetíns secos de recambio
  • Consulta as previsións metereolóxicas para vir adecuadamente preparado
  • Respeta o medio ambente e non tires lixo ao monte
Curro

Entradas: Para poder asistir ao currro debes mercar a túa entrada. Podes facelo de dúas maneiras: por internet ou presencialmente(neste caso recomendámosche acucir ás taquillas do curro unha hora antes do comezo do Curro)

Horario e duración: O horario do curro depende do día e ten unha duración aproximada de dúas horas:

  • Sábado: 7:00 – 9:00 horas
  • Domingo: 12:00 – 14:00 horas
  • Luns: 12:00 – 14:00 horas

Acreditacións prensa: Lembra que se eres profesional e queres sacar fotos ou filmar dende a area do curro debes solicitar unha acreditación de prensa. Podes facelo no seguinte LINK

Accesibilidade: O acceso ao curro conta cunha rampa adaptada para permitir a total accesibilidade das persoas con mobilidade reducida

Acampada
  • Zonas habilitadas: Prégase a todos os que teñades pensador vir de acampada que vaiades ás zonas especialmente habilitadas para tal fin
  • Duchas e baños: Tendes duchas abertas no curro durante os días da festa
  • Lembra que está prohibido facer lume
  • Lixo: Garda o lixo en bolsas e déixao nos lugares habilitados
® Rapa das Bestas - 2017