Proxecto GOI Bestas

Proxecto do Grupo Operativo de Innovación

Nas montañas de Galicia habita unha numerosa poboación de cabalos bravos, coñecidos tamén como “bestas“ ou “garranos”. Os beneficios que estes animais nos proporcionan son numerosos. Recentes estudos mostran a súa importancia no control do mato e o imprescindibles que son na prevención dos lumes.

Este proxecto emprega tecnoloxías innovadoras para facilitar a xestión dos cabalos bravos de Galicia e para mellorar o coñecemento do papel que desempeñan na conservación e manexo dos hábitats e do medio agroforestal.

Proxecto do Grupo Operativo de Innovación: “Solucións innovadoras para a xestión e valorización do sistema tradicional de cabalos bravos no monte”. Cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

® Rapa das Bestas - 2017