Musa

Muiñada, Magosto e Samaín

Musa

Magosto, Muiñada e Samaín

As Musas son ninfas relacionadas con ríos e fontes. Son capaces de inspirar toda clase de poesía, máis tamén de narrar a un tempo o presente, o pasado e incluso o futuro, dadas as sus virtudes proféticas. Inspirados, ben seguro, por unha Musa, mentres estabamos a traballar na recuperación dunha ruta de sendeirismo, pensamos que sería bonito estrear a ruta ao tempo que celebráramos todos os veciños un magosto. As ideas foron crecendo e concordamos todos que MUSA sería o nome da nosa celebración. ¿Porqué Musa? Pois vai máis alá do magosto. MUSA siñifica Magosto, Muiñada e Samaín. Con estas tres palabriñas subliñamos unha idea, queremos conservar as nosas raíces, continuar coas nosas tradicións máis vivas como o magosto e recuperar aquelas xa casi esquencidas como o samaín.

Para a ocasión convidamos  abertamente a participar a todo aquel que quixera, libremente. Deseñamos os actos e démoslle contidos. Xa soamente quedaba agardar o día e gozalo.

® Rapa das Bestas - 2017