O Pazo de Oca

Seguramente, o máis representativo dos pazos de Galicia

O Pazo de Oca

O pazo de Oca é, seguramente, o máis representativo dos pazos de Galicia.

Os xardíns pódense visitar e o seu trazado, da segunda década do XVIII, é produto e reinterpretación da tradición paisaxística francesa. Compóñense de espazos articulados independentemente, con fasquía propia. O xogo barroco das perspectivas e o fluír da auga combínanse co granito e especies vexetais insólitas.

O pazo de Oca é propiedade da Fundación Casa Ducal de Medinaceli e forma parte da Ruta da Camelia.

Horario:

Aberto todo o ano de sol a sol.

Máis información: Tel. 986 587 435  | www.fundacionmedinaceli.org  | pazodeoca@fundacionmedinaceli.org

® Rapa das Bestas - 2017