Vesacarballa e Serra do Mestre

Valioso conxunto etnográfico de 5 muíños situado en Sabucedo

Vesacarballa e Serra do Mestre

Valioso conxunto etnográfico de 5 muíños situado en Sabucedo. Destaca a Serra do Mestre: unha instalación preindustrial única en Galicia con muíño e serradoiro hidráulicos ao que se lles engade un forno para cocer o pan.

A Serra do Mestre e a ruta dos muíños de Vesacarballa, percorrido circular de aproximadamente 1 quilómetro, mostran a importancia do río como espazo de produción e como centro de boa parte das relacións sociais da aldea.

Visitas para grupos baixo reserva.

Máis información: 986 570 165

A Serra do Mestre foi construída por Francisco Regueiro no ano 1921, ampliando unha edificación anterior dun muíño da súa propiedade e comprando a máquina de serrar e demais accesorios á empresa “La Maquinaria Moderna” de Bilbao, segundo carta e factura que se conserva, sendo o importe da máquina e as pezas de 1.032,00 Ptas .

A hidráulica que move a serra, de case  5 m de diámetro, foi feita no sitio debido ás súas dimensións.

® Rapa das Bestas - 2017