Artigos

VI Ruta Cabalar Salnés-TabeirósTerra de Montes

Un total de 86 xinetes participarán dende mañá e durante dous días na sexta edición da Ruta Cabalar Salnés-Tabeirós-Terra de Montes, que percorrerá 96 quilómetros entre Cambados e Sabucedo. Esta iniciativa está organizada pola Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo coa colaboración do Concello da Estrada. O. Esta edición está adicada ao aloitador e gran colaborador desta actividade Juan Carlos Monteagudo Bugallo, que faleceu hai algo máis dun ano e que recibirá unha sentida homenaxe a título póstumo.