“Musa”
Que é o MUSA
O MUSA é unha celebración anual que se celebra en Sabucedo adicada 3 actividades principais:
- Muiñada
- Magosto
- Samaín
Con esta cita, as agrupacións organizadoras, Rapa das Bestas e a Asociación Veciñal, poñemos en valor as raíces e tradicións do pobo, ao tempo que reivindicamos o respecto polo medio ambiente e o mundo rural.
Programa MUSA 2023
Sábado 28 de outubro
09.45 h. Andaina comentada da Ruta de Sabucedo. Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo.
12.00 h. Xuntanza no Muíño do Mestre. Apertura do Mercadiño de Proximidade e produtos
con indicativo de calidade de Galicia.
12.30 h. III Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”, con agasallos para os participantes.
12.40 h. Obradoiros de Pan e Filloas.
13.00 h. Charla-Coloquio. “Terra de Montes, Terra de Músicas” co músico Rubén Troitiño.
13.30 h. Aperitivo Musical a cargo do grupo “Airiños de Caldelas”.
14.30 h. Xantar na carpa do Campo do Medio con produtos da Terra de Montes.
16.00 h. Sobremesa Musical “Sabucedo tamén Canta”
16.30 h. Charla: “A Microtoponimia de Sabucedo”, a cargo de Clara Iglesias, profesora de
Lingua Galega.
16.50 h. Pase do corto “A Rapa das Bestas”” da directora Jaione Camborda, actual gañadora da Concha de Oro do Festival Internacional de San Sebastián
16.45 h. Obradoiro do Samaín para nenos ata 95 anos: Calacús, candeas, vestimentas, maquillaxe..
16.50 h. Obradoiros de Pan e Filloas.
17.00 h. Entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”
18.00 h. Mostra-Degustación “Do Muíño á Mesa, os Segredos dunha boa masa” con Dani
Pampín. Mellor panadeiro artesal de España (2018)
18.30 h. Cata-Maridaxe con Viños da Ribeira do Ulla, co enólogo Carlos Blanco.
20.00 h. Saída da Procesión da Santa Compaña
20.30 h. Lectura dos Responsos dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da
Queimada purificadora no curro vello.
21.00 h. Noite do Samaín. Magosto a carón do Teleclube
21.30 h. Monólogo de Cándido Pazó “Aqueles Velorios”
23.30 h. Concerto de “Somoza Trío”… e festa rachada!
RESERVAS XANTAR: 684 126 649 (Fátima)
INFORMACIÓN: 639 105 098 (Manuel)
Concurso "Coñecendo o meu pobo"
Con este concurso-xogo, preténdese que mediante a observación, e sobre todo, coa interacción cos veciños e veciñas de Sabucedo, os nenas e as nenas, coñezan a toponimia e a vida cotiá que xiraba en torno o río, o muiño, a moenda e o cultivo e aproveitamento do millo.
BASES DO CONCURSO
O concurso farase mediante equipos que reunirán os seguintes requisitos:
- O número de integrantes será dun máximo de 4 , e dun mínimo de 3.
- Os equipos deberán ser mixtos, nenos e nenas
- En cada equipo haberá , alomenos, un/unha integrante con idade comprendida entre os 9 e os 13 anos, e outro menor de 8 anos.
- Cada equipo rexistrarase cun nome, e os nenos e nenas que o integran. A cada equipo poráselle un número.
- Os equipos poderán rexistrarse no muiño ata ás 12:00.
- O concurso desenvolverase entre as 12.30 (entrega do material), e as 16:30, hora na que presentarán os resultados do traballo realizado. A entrega de diplomas, premios e agasallos, será ás 17:00
- A organización dotará a cada equipo do material preciso para o desenvolvemento da actividade.