“Curro”

O "Curro"

O que realmente acontece no Curro non é fácil de explicar a alguén que nunca o vira, xa que é unha experiencia que fusiona a vivencia comunitaria do pobo como espectadores e loitadores ca procura da súa identidade e autoafirmación, coa experiencia do duro traballo, triunfo, colaboración e respeto polos animais.

As "Bestas do Santo"

No curro só se leva a cabo a rapa dos cabalos e eguas “do Santo”, xa que o resto son particulares, e serán os seus donos os que o luns nos seus propios acurramentos fagan as tarefas oportunas.

Desparasitación

Dentro dos traballos que se realizan dentro do Curro ten especial importancia as tarefas de desparasitación interna dos animais, mellorando as condicións hixiénico-sanitarias das bestas.

Separación dos poldros

A “aloitar” apréndese dende novo posto que son os rapaces quen inician o curro collendo os poldriños para separalos e que así non se fagan dano nas diferentes tarefas. O rapaz pequeno “iníciase” simbólicamente na xuventude ou madurez, guiado e dirixido polos xa iniciados.


Deste xeito o rapaz queda admitido simbólicamente no grupo dos que van ter parte activa nos traballos cos cabalos salvaxes nun futuro, como recolleitadores dunha tradición.

Aloitar e os aloitadores

O traballo levado a cabo no curro é sen dúbida, pola súa perigosidade, o acto máis espectacular que nesta festa se pode observar. É o xeito de realizalo(coñecido como “aloitar”) o que diferencia á Rapa de Sabucedo do resto das feitas en toda Galicia, por non se utilizar máis armas que o propio corpo e forza do aloitador. No resto das rapas é común ver cordas e varas das que o home se axuda para gañarlle esa loita ós animais, mais na de Sabucedo, so un código de accións vale para conseguir vencer ás bestas nunha loita corpo a corpo. Este código baséase nunha forma de actuar e aloitar que se herdou de xeración en xeración: dous aloitadores van á cabeza e un ó rabo.

  1. O primeiro dos aloitadores que vai á cabeza debe ser o que salta enriba da besta e cabalga sobre ela.
  2. Pouco despois, o segundo da cabeza acude na súa axuda. Cando éste chega e se engancha das crinas dianteiras, o que está subido no équido debe baixarse. Ao mesmo tempo o aloitador que vaia ó rabo debe facer unha serie de movementos para intentar desiquilibrar ó animal.
  3. Ao mesmo tempo o aloitador que vaia ó rabo debe facer unha serie de movementos para intentar desiquilibrar ó animal.


A besta pode quedar de pé ou ser derribada dependendo da forza que ésta exerza. Non é un traballo doado xa que conleva unha forte compoñente de aprendizaxe a priori, posto que o aloitador ha de saber “cruzar” ben o animal. Esta acción correspóndese con encaixar a man na parte inferior da queixada do cabalo, pasándolle o outro brazo arredor do pescozo. Cando a besta queda inmobilizada, procédese ó corte das crinas, que os cativos se ocuparán de gardar nas esteiras.

Mulleres aloitadoras

Durante a Guerra Civil, cando os homes combatían no fronte, as mulleres que quedaran no pobo eran as que se encargaron de organizar a Rapa das Bestas.

¿Que é o Curro?

O Curro é o recinto destinado especificamente á “rapa” propiamente dita das bestas. En Sabucedo hai dous:

O antigo Curro (“Curro vello”) encóntrase xunto á igrexa parroquial e data de 1779. Foi Felipe Carabeo, párroco de Sabucedo e Liripio, quen tomou a iniciativa para a súa construción solicitando o debido permiso ó arcebispo de Santiago. Ata entón, o atrio parroquial utilizábase como Curro, pero iso provocou varios problemas. O vello Curro mantívose en uso durante máis de 200 anos.