“Musa”

Que é o MUSA

O MUSA é unha celebración anual que se celebra en Sabucedo adicada 3 actividades principais:

  • Muiñada
  • Magosto
  • Samaín

Con esta cita, as agrupacións organizadoras, Rapa das Bestas e a Asociación Veciñal, poñemos en valor as raíces e tradicións do pobo, ao tempo que reivindicamos o respecto polo medio ambiente e o mundo rural.

Programa MUSA 2022

Venres 28 de outubro

  • 20:00 h. PROXECCIÓN da película “AS BESTAS” de Rodrigo Sorogoyen na carpa do Campo do medio (acceso só con invitación)

Sábado 29 de outubro

  • 09.45 h. MARCHA COMENTADA da RUTA DE SABUCEDO. Saída dende o curro novo. 10 km de carballeiras, sendeiros do río, muíños, curro vello e igrexa, o pobo, a exposición exterior da Rapa, os castiñeiros, as bestas, os petróglifos, as fontes,… a natureza. Recollida de cogomelos e castañas.

  • 12.00 h. Apertura do MERCADIÑO DE OUTONO e da Exposición “SABUCEDO NA MEMORIA”.

  • 12.30 h. Inicio do II CONCURSO INFANTIL “COÑECENDO O MEU POBO” con agasallos para os participantes. Bases na web da Rapa.

  • 12.30 h. Inicio dos OBRADOIROS DE PAN, FILLOAS e COGOMELOS.

  • 13.00 h. XUNTANZA NO MUÍÑO do Mestre. Visita guiada coa serra, o muíño, e o forno funcionando.

  • 13.15 h. DEGUSTACIÓN DE SIDRA da Estrada. APERITIVO MUSICAL a cargo do grupo AIRIÑOS DE CALDELAS.

  • 14.30 h. XANTAR (na carpa do Campo do Medio) con produtos da Terra de Montes.

  • 16.00 h. SOBREMESA MUSICAL “SABUCEDO TAMÉN CANTA”.

  • 16.30 h. OBRADOIRO DO SAMAIN para nenos ata 95 anos: Calacús, vestimentas, maquillaxe.

  • 16.30 h. OBRADOIROS DE PAN, FILLOAS E COGOMELOS recollidas durante a ruta.

  • 17.00 h. ENTREGA DE PREMIOS do II Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”.

  • 18.00 h. MOSTRA-DEGUSTACIÓN da Cociña de Proximidade a cargo de Javier Agrelo de BIOFRUITS GALICIA de ancorados (A Estrada).

  • 19.30 h. Saída da PROCESIÓN DA SANTA COMPAÑA.

  • 20.30 h. NOITE DO SAMAIN. MAGOSTO a carón do Teleclube.

  • 21:30 h. MONÓLOGO a cargo de QUICO CADAVAL.

  • 23.00 h. CONCERTO a cargo de SON DAS TABERNAS

RESERVAS XANTAR: 684 126 649 (Fátima)

INFORMACIÓN: 639 105 098 (Manuel)

Concurso "Coñecendo o meu pobo"

Con este concurso-xogo, preténdese que mediante a observación, e sobre todo, coa interacción cos veciños e veciñas de Sabucedo, os nenas e as nenas, coñezan a toponimia e a vida cotiá que xiraba en torno o río, o muiño, a moenda e o cultivo e aproveitamento do millo.

BASES DO CONCURSO

O concurso farase mediante equipos que reunirán os seguintes requisitos:

  • O número de integrantes será dun máximo de 4 , e dun mínimo de 3.
  • Os equipos deberán ser mixtos, nenos e nenas
  • En cada equipo haberá , alomenos, un/unha integrante con idade comprendida entre os 9 e os 13 anos, e outro menor de 8 anos.
  • Cada equipo rexistrarase cun nome, e os nenos e nenas que o integran. A cada equipo poráselle un número.
  • Os equipos poderán rexistrarse no muiño ata ás 12:00.
  • O concurso desenvolverase entre as 12.30 (entrega do material), e as 16:30, hora na que presentarán os resultados do traballo realizado. A entrega de diplomas, premios e agasallos, será ás 17:00
  • A organización dotará a cada equipo do material preciso para o desenvolvemento da actividade.