Rapa das bestas de Sabucedo

Festa declarada de interese turístico internacional

"O ciclo todo da festa de Sabucedo, no que a rapa é só un capítulo, podemos velo como un relato, unha representación, na que contan á par os seres humanos e os seres máis portentosos do monte, os fillos do vento"

Manolo Rivas

A Rapa

San Lourenzo de Sabucedo é unha parroquia situada no sur do concello da Estrada (Pontevedra) cunha extensión de 5,9 Km2. Conta cunha soa entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Porén, en Sabucedo ten lugar unha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso vasto legado cultural: A rapa das bestas de Sabucedo.

A rapa das bestas comeza rememorando o vínculo ancestral das bestas co divino. Durante a misa da alborada pídeselle protección a san Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación súbese ao monte na procura dos cabalos.

Veciños e visitantes colaboran en grupos xuntando as greas. Finalmente, o sábado, condúcense nun grande cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o curro, onde aloitadores e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo nunha loita para dominar o animal e cortarlle as crinas.

Existe unha zona de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de ocio nocturno.

Rapa das bestas de Sabucedo

Festa declarada de interese turístico internacional

Info de interese

Información e consellos prácticos para desfrutar máis e mellor A Rapa das Bestas de Sabucedo
San Lourenzo de Sabucedo ( GPS N 42.58826º // W 8.41475º) é unha parroquia galega situada no sudeste do termo municipal de A Estrada, na provincia de Pontevedra.

Pertence á Comarca de Tabeirós – Terra de Montes. Limita coas parroquias de Liripio (San Xoan), Codeseda (San Xurxo) e co termo municipal de Cerdedo.

Ónde
comer?

A carón do campo da festa e do Curro, atoparedes varias pulperías nas que degustar polvo, churrasco e carne ao caldeiro e un bo viño do país.
Comidas e merendas familares na carballeira. Atraccións para os cativos e actuacións musicais. Se reúnen para comer nas mesas de pedra da carballeira do Campo do Medio.

Acreditacións

Únicamente está permitido circular por Sabucedo a vehículos autorizados que dispoñan da correspondente acreditación (dispoñible para os veciños e para comerciantes que desenvolvan o seu labor estes días).

Aparcamentos

As persoas que acudan á festa en coche deberán por tanto facer uso da zona de aparcadoiro gratuíto que habilitará Rapa dás Bestas á altura do cruzamento da estrada vella. Tamén haberá dispoñibles leiras privadas para estacionar, xa co correspondente custo.

Últimas novas