Experiencia 360º

Mergúllate na Rapa das Bestas. Usa o rato para mover a cámara ou ponte unhas lentes de Realidade Virtual para vivilo coma se estiveses alí.

Vídeo Destacado: O Espirito da Tradición

Máis Vídeos

Ruta da Rapa das Bestas de Sabucedo

Este episodio é unha invitación a descubrir Sabucedo máis alá da festa. A través dun percorrido circular polos lugares vinculados á Rapa das Bestas, o visitante pode coñecer a aldea, os montes e os camiños que lle dan sentido á tradición. A ruta conecta o pasado e o presente: a igrexa de San Lourenzo, o Curro Vello, os miradoiros, os petróglifos, os muíños e as terras onde viven os cabalos en liberdade. Unha experiencia pausada e contemplativa que amosa a unión entre natureza, cultura e comunidade, e nos lembra que preservar o noso é garantir o futuro das aldeas gallegas.

O Climax da Tradición

O momento cume: o aloitamento. A loita corpo a corpo entre o home e o cabalo, onde a forza se equilibra co respecto para cortar as crinas, desparasitar e marcar os animais.

A Chegada O Curro

A culminación do arreo. Mostra o momento no que as bestas entran no curro (o recinto pechado), preparándose para o encontro ritual cos aloitadores.

A Baixada

A espectacular e vibrante viaxe. Segue a manda mentres é conducida desde as alturas do monte ata o val, un momento de gran tensión e beleza visual.

A Chamada do Monte

O inicio do ritual. Documenta a emocionante xornada na que os veciños se internan no monte para localizar, rodear e comezar a concentración das mandas que viven en liberdade.