Asociación

Quen somos

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo é a responsable do coidado permanente das bestas de Sabucedo, en especial das pertencentes á cabana do Santo, e de organizar a festa de interese turístico internacional Rapa das Bestas.

Propósito

A Asociación Rapa das Bestas consitúese como o organismo encargado de preservar e dinamizar a Rapa das bestas, así como a propia aldea de Sabucedo e a Rapa das Bestas, nas seguintes vertentes:

  • Coidado e defensa das “Bestas” que habitan nestes montes e da súa forma de vida en liberdade.
  • Organización e promoción da celebración anual Rapa das Bestas, como celebración histórico/cultural que ven a ser a manifestación da relación de convivencia coas bestas durante todo o ano.
  • Preservación da contorna natural.
  • Dinamización socio-cultural da aldea de Sabucedo.

Misión e visión

A Asociación centra os seus recursos nas seguintes actividades principais:
  1. Manter a cabana das bestas que viven en liberdade nos nosos montes e que a aldea de Sabucedo sexa historia viva dunha relación de interdependencia e respecto entre personas, contorna natural e “Bestas”.
  2. A conservación e coidado en particular das mandas de Bestas “ Do Santo”. Esta actividade inclúe principalmente medidas de:
    • Seguemento e monitoraxe
    • Marcaxe
    • Desparasitación
    • Defensa dos animais de roubos, ataques, incendios, e agresións.
  3. A organización da festa de Interese Turístico Internacional Rapa das Bestas de Sabucedo, ofrecendo ano tras ano actividades vinculadas coa cultura galega e o seu folclore. Esta organización abrangue:
    • A Baixa das bestas do monte
    • Celebración do curro
    • Organización da festa propiamente dita: actuacións musicais, contratación de seguridade, acondicionamento dunha zona de acampada, …
  4. Promoción da festa e de Sabucedo a través de actividades durante todo o ano, exposicións, xestión das redes sociais, e comunicados de prensa.
  5. Coidado das zonas do monte onde pacen as bestas, realizando as labores de desbroces e limpeza precisos.
  6. Realización das labores tendentes a asegurar un marco legal favorable aplicable no desempeño desta actividade.
  7. Promoción turística de Sabucedo.

Valores

  • Responsabilidade
  • Respecto
  • Ecoloxismo
  • Galeguismo
  • Cooperación
  • Pertenza
  • Paixón
  • Independencia
  • Compromiso

Centro de acollida equino

Dende o ano 2020, a Xunta de Galicia habilitou á Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo para constituirse como “centro de acollida equino”.

Dende entón, e unha vez activado de forma efectiva o procedemento, a asociación ven recibindo cabalos bravos de disntintas zonas de Galicia, que por mor de causar problemas en fincas e predios particulares son acollidos polo centro de recollida, seguindo todos os procedementos legais establecidos.

A Asociación conta con dúas zonas habilitadas e pechadas de 80 e 70 hectáreas respectivamente de terreos habilitados, desbrozadas e con abastecemento de auga, que funcionan como espazo de acollida para os equinos.

Proxecto Goi Bestas