MUSA – Muiñada, Magosto y Samaín

27 October, 2025

|

Asociación

Sin categoría

PROGRAMA MUSA
Á MAÑANCIÑA

09:45h. ANDAINA comentada da nova Ruta Interactiva de Sabucedo. Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo. 10km.

12:00h. Xuntanza no MUÍÑO DO MESTRE

Apertura do MERCADIÑO DE PRODUTOS DE ARTESANÍA ALIMENTARIA e PROXIMIDADE

12:05h. Encendido do forno e comenzo do OBRADOIRO DE PAN

12:30h. IV Concurso Infantil “COÑECENDO O MEU POBO” con agasallos para os participantes. Bases na web da Rapa.

13:00h. Cata-Degustación

“A SIDRA DA ESTRADA PURA ARTESANÍA ALIMENTARIA.” maridado con setas.

Á HORA DE XANTAR

13:30h. Aperitivo Musical a cargo do grupo AIRIÑOS DE CALDELAS

14:30h. XANTAR (Compre facer reserva)

Na carpa da carballeira do Campo do Medio

16:30h. Inicio do OBRADOIRO DE FILLOAS E CHULAS e Entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”

16:45h. Presentación da TÉCNICA DO ESGAFRIADO. Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. a cargo de Carmen Soriano e Ana Lema

17:00h. Presentación do avance do libro:

“O SENTIR DUN POBO: SABUCEDO E A RAPA DAS BESTAS” de Francisco Regueiro.

OBRADOIROS DO SAMAÍN:

17:30h. Inicio dos calacús, maquillaxe,… Para nenos ata 90 anos.

18:00h. SABUCEDO TAMÉN CANTA. Serán musical no muíño.

DE NOITE

19:15h. Procesión da SANTA COMPAÑA

Lectura dos RESPONSOS dedicados aos mortos en vida durante a elaboración

da QUEIMADA purificadora no curro vello.

¡Traede túnica branca ou saba vella!

20:00h. NOITE DO SAMAÍN

Magosto a carón do Teleclube

21:00h. Contacontos “CONTOS DE MEDO”

con Lois Pérez

23:30h. Concerto de GATO PIOLLOSO

… e festa rachada!

Please follow and like us: