Información Práctica

A Rapa das Bestas de Sabucedo conta con planos específicos para tentar facilitar a organización da visita á Rapa.

Puntos de Interese

Onde aparcar e acampadas

Sabucedo atópase no municipio da Estrada, a 37 km de Pontevedra e 42 km de Santiago. Durante a Rapa, implántase un plan de tráfico con acceso pechado á vila para vehículos non autorizados a partir do venres. Habilítanse zonas de aparcamento gratuíto pola Asociación Rapa das Bestas, ademais de fincas privadas de pago. Aconséllase seguir as indicacións da Garda Civil e os voluntarios para aparcar.

A Asociación da Rapa habilita zonas de acampada gratuíta nunha contorna de carballos centenarios, con baños e duchas. Tamén se poden atopar opcións de aloxamento na Estrada e os seus arredores.

Pídeselle aos visitantes que respecten o medio ambiente, non fagan lume e depositen o lixo nos puntos habilitados. Ademais, aconséllase seguir sempre as indicacións da organización.

A Baixa

Plano de seguemento da ruta que fan os cabalos durante A Baixa, dende O Castelo ó peche de Cataroi.

Consellos e recomendacións

Para gozar da experiencia, recoméndase levar roupa resistente (pantalóns, botas de trekking) para protexerse da vexetación, así como crema solar e roupa impermeable segundo a previsión meteorolóxica.

É fundamental levar auga e comida, especialmente para a xornada do venres, xa que non se dispón de comida en O Peón, únicamente unha cantina con pago exclusivamente en efectivo.